Inauguración Galician Audio Research Center (Garcsa)
Fecha Martes, 05 junio a las 20:09:17
Tema PHP-Nuke


O secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria, Borja Verea, destacou esta mañá en Cedeira na inauguración da nova empresa Galician Audio Research Center (Garcsa) a aposta da Xunta pola transformación do modelo produtivo en Galicia potenciando a economía do coñecemento, baseada na investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.


© 2012 - Xunta de Galicia

Verea salientou o esforzo dos emprendedores que impulsaron a creación desta compañía, que contou con axudas da Xunta e do Goberno central ao amparo do Plan Ferrol, Eume e Ortegal, que coordina o Igape. A posta en marcha da empresa, especializada en produtos eficientes de alto valor engadido para a fabricación de caixas acústicas e solucións de audio, supón a creación dunha ducia de postos de traballo.

Nun acto no que participaron tamén o alcalde de Cedeira, Leopoldo Rubido, e o director do Plan Ferrol, Gonzalo Trenor, así como a directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, Borja Verea subliñou a aposta da Xunta por fortalecer a competitividade das empresas mediante a incorporación da I+D+i e a súa presenza internacional.

Neste sentido, o secretario xeral salientou que GARCSA cumpre estes requisitos, apostando por produtos de alta gama desenvolvidos con tecnoloxía propia no eido do son e combinando os coñecementos tecnolóxicos co tratamento personalizado dos seus produtos, ao tempo que se aposta polas vendas no exterior.

O secretario xeral de Economía e Industria fixo fincapé no compromiso da Xunta a prol da innovación empresarial e destacou a recente posta en marcha da Axencia Galega de Innovación ou a creación do novo fondo de capital risco i2C, dotado con 20 millóns de euros, para apoiar iniciativas empresariais neste ámbito.

Borja Verea subliñou tamén os avances na execución de fondos comunitarios destinados á innovación e lembrou que a Xunta conseguiu mobilizar investimentos de máis de 60 millóns de euros en proxectos de innovación no marco do programa Interconnecta, no que participan 106 empresas galegas.

Link: Xunta de Galicia






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1939