D. Calvo entrega un vehículo de salvamento á asemblea local da Cru
Fecha Viernes, 01 junio a las 19:38:19
Tema PHP-Nuke


O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, fixo entrega esta mañá dun vehículo de salvamento todoterreo con destino á Asemblea Local da Cruz Vermella de Cedeira.

Carmen Colmeiro Rojo, presidenta do Comité Autonómico de Galicia da asociación, asinou a acta de entrega en representación de Cruz Vermella. Para recoller o automóbil estivo acompañada por Paulino López Díaz, presidente da asemblea de Cedeira, e o alcalde do concello, Leopoldo Rubido.

O valor do coche de salvamento é de 36.000 euros e destinarase a actividades da asemblea local de Cruz Vermella en Cedeira. López Díaz destacou que esta base é orientada ao mar, polo que xa contan coa única lancha cabinada de toda España. “A maioría das intervencións son na costa e o noso equipo de rescate de cantís necesitaba un vehículo como este”, explicou o presidente da asemblea.

Ademais do servizo de rescate, o vehículo servirá para prestar servizo de transporte de alimentos da Comunidade Europea a familias necesitadas e para o programa do Banco de Alimentos.

“Temos que dar as grazas á Deputación por dotarnos dun coche tan necesario e, tamén, aos nosos voluntarios. Vivimos grazas a eles”, dixo Paulino López Díaz.

Pola súa banda, o presidente provincial mostrouse “moi satisfeito” por poder colaborar desde a Deputación con “o gran labor realizado pola Cruz Vermella en Cedeira”.



© 2012 - Deputación da Coruña


Link: D. A Coruña






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1934