Picapeixe 2012
Fecha Martes, 29 mayo a las 09:01:16
Tema PHP-Nuke


A xunta de goberno do ANPA Picapeixe do CEIP Nicolás del Río de Cedeira fallou a pasada semana os premios "Picapeixe 2012". Uns galardóns que serán entregados este domingo no transcurso dun acto que terá como escenario o auditorio municipal da vila -a partir das 17.30 horas-.

Os galardoados deste ano son na modalidade de proxectos socioeducativos o Cedeira S.D, pola promoción do fútbol feminino e a Fundación Meniños polo seu proxecto "Conecta", destinado a prestar axuda ás familias con mozos conflitivos.

No ámbito, socioeducativo e solidario recoñecen ao ANPA Baluarte do IES Canido, pola súa proposta de préstamo de libros, mentres que no apartado de novas tecnoloxías, premiarán a Alejandro Martínez, pola promoción e dinamización da páxina web do CEIP Nicolás do Río. Tamén recoñecerán os 50 anos de traballo coa infancia de Unicef, no apartado que premia a traxectoria.

Link: DFONine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1928