Incendio na Trabe
Fecha Jueves, 24 mayo a las 09:24:19 Tema PHP-Nuke
A fábrica da firma Galicia Audio Research situada no polígono industrial
de Cedeira, A Trabe, rexistrou onte un espectacular incendio. Segundo
indican fontes de Protección Civil de Cedeira, o lume orixinouse sobre
as 13.30 horas da tarde nuns tubos denominados silos, onde se almacenan
os restos de serrín sobrantes na fabricación dos altofalantes.
Debido á rapidez coa que se propagou o incendio e a gran fumareda que
provocou, sinalan fontes de protección civil, desprazouse ata o lugar
unha motobomba municipal e mobilizouse tamén un camión cisterna dos
bombeiros do Eume. Aínda que o lume orixinouse nos depósitos, estes
están conectados cunha das naves da empresa, polo que, sinalan fontes do
dispositivo, propagouse polo conduto ata o recinto.
Segundo as primeiras investigacións, os efectivos de extinción destacan
que o lume puido orixinarse de forma espontánea debido ás altas
temperaturas de onte. «A calor provocou que os silos de almacenamento
convertésense nunha polvoreira», destacan os efectivos, que permaneceron
no lugar dos feitos varias horas para refrescar as estruturas.
A pesar das dimensións do incendio, non houbo que lamentar ningún ferido.
Link: VONLine
|
|