Conflito de intereses e urbanismo. A propósito dun caso
Fecha Jueves, 10 mayo a las 09:00:23 Tema PHP-Nuke
Un artigo de Gabriel Beceiro publicado no OLLAPARO, a Revista da Sociedade Cultural " CHIRLATEIRA"
" Aqueles a quen a natureza deu habilidades e medios para
gobernar … a estes homes de Estado é moi necesario, e, posiblemente,
máis ca os filósofos, a forza e desprezo por bens externos, así como a
paz de espírito e un clima sereno e non axitado, non ter ansias de
futuro e vivir con gravidade e afouteza. ” Cicerón
Os antigos gregos, alomenos para os que gostaban de practicar a filosofia, à pregunta: o que é mellor, o goberno dos homes ou das leis? respondian
que cando as leis son boas para a comunidade política sempre que os
homes as respeiten e as cumpran, mas, dada a evidencia de que elas non
son respeitadas, a resposta era ter bos homes (si, filósofos eran, mais
esquencían as mulleres) porque eles actuan corretamente en cada unha das
súas accións e respeitan a lei. Noutras palabras, como di Adela
Cortina, o dereito pode imporse dende fora, non asín a moral.
De feito,
unha das causas que levan á desconfianza nas institucións públicas é a
falta de principios e valores éticos, o que leva a defectos ou actitudes
antiéticos, aumento da corrupción, abuso de autoridade e tráfico de
influencias, etc. Situacións que impiden a consecución dos obxectivos
institucionais.
Neste sentido, é evidente que a información só flue
cando interesa, e no sentido que interesa. Constatar iso, sospeitar iso,
reforza o desapego cara os procesos de participación canalizados
formalmente dende as institucións, ainda que tamén permite explorar
novos xeitos de traballar pola democracia dende o mundo local. Por iso
convén acceder ao detalle para podermos ver, alomenos, unha parte da
totalidade. Non pode ser doutro xeito xa que a ética para os servidores
públicos refírese a situacións de aplicación. O ben común, lonxe de
ser unha abstracción, materialízase en cada acto realizado nas
múltiples instancias da administración pública. "
Artigo completo: preme aquí
Link: G.B. - Olláparo
|
|