Zapatero confirma a Salgado e Blanco como ministros
Fecha Martes, 07 abril a las 17:12:20
Tema PHP-Nuke


Os novos nomes no goberno español, anunciados este martes desde a Moncloa por José Luís Rodríguez Zapatero:

  • Vicepresidencia Económica: Elena Salgado, até o de agora responsábel do departamento de Administracións Públicas

  • Ministro de Cooperación Territorial (e vicepresidente terceiro): Manuel Chaves, que deixa así a presidencia da Junta de Andalucía

  • Ministro de Educación e Universidades: Ángel Gabilondo, até o de agora presidente da Conferencia de Reitores e reitor da Universidade Autónoma de Madrid

  • Ministra de Cultura: Ángeles González Sinde, que era na actualidade presidenta da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas

  • Ministro de Fomento: Xosé Blanco, actual vicesecretario xeral do PSOE, cargo que en principio non deixará

  • Ministra de Sanidade e Asuntos Sociais: Trinidad Jiménez, até o de agora secretaria de Estado para Iberoamérica


Saen do goberno o galego César Antonio Molina, até o de agora ministro de Cultura, e Pedro Solbes, Magdalena Álvarez, Mercedes Cabrera e Bernat Soria, responsábeis nos últimos meses, respectivamente, das carteiras de Economía, Fomento, Educación e Sanidade. Alén da mudanza de nomes, destacan os cambios no esquema ministerial: Educación incorpora Universidades, que na recente lexislatura estaba integrado en Ciencia e Tecnoloxía, e Sanidade únese a Asuntos Sociais, que dependía de Educación.

Na súa intervención, o presidente do goberno español destacou que a mudanza no equipo trata de dar resposta, de xeito especial, ao novo escenario e desafíos do contexto económico. Ao fío, Rodríguez Zapatero insistiu en destacar que o seu executivo xa leva feito "importantes esforzos" fronte á crise e subliñou que o Estado Español é un dos únicos catro que en todo o mundo inxectaron no escenario económico recursos públicos por valor superior ao 2% do PIB. Sobre o labor que terá a nova responsábel de Economía, falou Zapatero da necesidade de aplicar "grandes doses de iniciativa, capacidade de diálogo e interlocución con diferentes ámbitos" socio-económicos.

Link: VIONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=192