Pujol na Vila
Fecha Miércoles, 09 mayo a las 12:14:07
Tema PHP-Nuke


Cedeira parece haberse convertido no último mes en destino turístico da clase política. Se hai pouco menos dunha semana visitaba a vila mariñeira o ministro de Asuntos Exteriores de España, José Manuel García-Margallo, o pasado domingo facía o propio o histórico expresidente da Generalitat de Catalunya, Jordi Pujol. O político nacionalista desprazouse a Galicia o pasado sábado para exercer como padriño da segunda promoción de graduados en Ciencias Políticas e Administración. O acto, presidido polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Casares, tivo lugar no Pazo de Fonseca, en Santiago.


© 2012 - Diario de Ferrol


Aproveitando a súa estancia na provincia coruñesa e a gran amizade que lle une ao profesor da USC Xosé Luís Barreiro Rivas, e a este á súa vez co alcalde da vila, Leopoldo Rubido, Jordi Pujol gozou dunha breve estancia na localidade. Os tres políticos compartiron un xantar, e como bo anfitrión, o rexedor local mostroulles os encantos da zona. Entre outros sitios de interese, non faltou no seu desprazamento a obrigada visita ao santuario de San Andrés de Teixido.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1919