O Concello premia a Beatriz Leonardo Labraña
Fecha Viernes, 04 mayo a las 11:56:42
Tema PHP-Nuke


O alcalde de Cedeira, Leopoldo Rubido, fixo entrega onte dunha placa conmemorativa á jovencísima - ten tan só oito anos- acordeonista da vila Beatriz Leonardo Labraña en recoñecemento dunha precoz e excelente traxectoria que a levou a conseguir a Medalla de Ouro no Festival Nacional de Acordeón de Mondragón -Euskadi-.
Nun pequeno acto celebrado no salón de plenos do Concello, coa presenza da súa familia, Beatriz recibiu a homenaxe da corporación polo gran papel realizado nun certame no que se mediu a intérpretes de toda España, moitos deles ata catro anos maiores que ela. Era ademais a súa primeira participación no festival vasco, ao que se presentou animada polo seu profesor, Javier Díaz Carrasco.


© 2012 - Diario de Ferrol


Tras agradecer o recoñecemento da corporación, Beatriz indicou que non só practica o acordeón -en cuxo aprendizaxe leva inmersa desde fai dous anos- senón que tamén toca outros instrumentos, como o piano, a frauta ou a acordina. Compaxina ademais estas prácticas coas clases de solfexo e piano no Conservatorio de Ferrol, ademais de con os seus estudos académicos habituais. A virtuosa cedeirense repetirá este ano, pero nesta ocasión formando parte dunha orquestra infantil.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1917