Rubido e García - Margallo
Fecha Jueves, 03 mayo a las 09:05:19
Tema PHP-Nuke


A vila de Cedeira recibiu o pasado martes 1 de maio unha visita de excepción, a do ministro de Asuntos Exteriores de España, José Manuel García-Margallo. O máximo responsable das relacións internacionais aproveitou a súa viaxe a Santiago de Compostela, con motivo dunhas xornadas sobre economía organizadas pola Fundación alemá Konrad Adenauer -ás que tamén acudiron a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría e os ministros de Economía, Luís de Guindos e o seu homólogo alemán Wolfgang Schäuble-, para desprazarse á vila onde os seus familiares posúen unha vivenda.


© 2012 - Diario de Ferrol

Durante a súa visita García-Margallo asistiu á consagración do novo templo de María Mediadora, bendicido polo bispo da Diocese de Mondoñedo Ferrol, Manuel Sánchez Monge, e que á súa vez suscitou o interese moitos fregueses locais. Durante a súa fugaz estancia estivo acompañado polo alcalde de Cedeira, Leopoldo Rubido, xunto ao que permaneceu sentado durante a liturxia. De feito o alcalde abandonou durante unhas horas as súas obrigacións para compartir o seu tempo co ministro e mostrarlle as riquezas da vila mariñeira.



García-Margallo aproveitou o seu desprazamento para coñecer todos os puntos de interese do municipio, que non abandonou sen gozar da súa gastronomía e apreciar os seus valores paisaxísticos e ambientais, entre os que destacan paraxes como San Andrés de Teixido ou a praia da Magdalena.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1914