O ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación, José Manuel
García-Margallo, foi o invitado de honra da inauguración e bendición
dunha nova capela e casa parroquial en Cedeira. Margallo e a súa muller
pasaron a ponte do 1 de maio de turismo na vila coruñesa coñecendo os
lugares máis emblemáticos do concello e gozando, segundo fontes
municipais, da tranquilidade da zona.
© 2012 - La Voz de Galicia
© 2012 - Foto García - CEDEIRA
Margallo aproveitou a súa viaxe a Galicia, con motivo da súa
participación nunha reunión en Santiago, para visitar a localidade
costeira, onde, segundo fontes consultadas, a familia da súa muller
dispón dunha vivenda.
Ademais de participar na celebración eucarística invitado polo alcalde
cedeirense, Leopoldo Rubido, onde segundo as testemuñas García-Margallo
levantou unha gran expectación, o ministro e a súa muller aproveitaron a
ponte para coñecer mellor o municipio, ao que xa viaxaron noutras
ocasións, e visitar lugares moi populares e turísticos da zona como o
casco antigo da localidade mariñeira ou a ermida e cantiis de San Andrés
de Teixido. Ademais, tamén gozaron da gastronomía e o marisco local.
Link: VONLine