Concello de Cedeira - Rural
Fecha Martes, 01 mayo a las 09:21:10
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira procederá á instalación de dispositivos de sujeción de colectores na zona rural. Unha medida que terá custo cero para as arcas municipais tendo en conta que a empresa concesionaria do servizo de limpeza será a que asuma o gasto que levará a obra. A iniciativa dará resposta ás demandas veciñais expostas.
A administración local informa de que a instalación comezará nas próximas semanas e de que, nunha primeira fase, situaranse unha vintena de dispositivos. Con eles, refórzase a seguridade de cidadáns, tanto peóns como condutores. O sistema consiste nunha barra fixa ao chan que "abraza" ó colector impedindo que este se desprace polo efecto do vento.
Por outra banda, o Concello avanzou que durante o mes de maio os traballadores do servizo de limpeza iniciarán o baldeo mecánico de todas as rúas polo centro urbano da vila. Utilizarán un sistema de auga a presión para lograr un aseado óptimo dos viarios, que permitirá á localidade mostrar a súa mellor cara con vista ao comezo da tempada estival que é a que máis visitantes atrae a Cedeira.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1907