Faroliños, cabalos e sevillanas
Fecha Domingo, 29 abril a las 08:53:28
Tema PHP-Nuke


Cedeira respira aires andaluces este fin de semana coa celebración da I Feira de Abril. Unha iniciativa que parte dos empresarios do casco antigo da vila, coa colaboración do Concello e A Caixa, co obxecto de dinaminar a afluencia de visitantes á localidade. A festa viviu onte a súa xornada central, que a pesar da meteorología, convocou no casco histórico a numerosas persoas que se interesaron pola oferta lúdica proposta desde a organización do evento. Así durante a mañá, os interesados en coñecer a orixe e elaboración do viño Tio Pepe, gozaron de varias charlas a cargo de representantes das adegas González Byass.

O ambiente festivo foise incrementando conforme transcorreu a tarde, con pasacalles e a presenza de asistentes ataviados para a ocasión "houbo quen acudiu dacabalo como suxería a organización".
A música e as sevillanas alagaron de cor tanto o paseo marítimo Mariña Española como o recinto feiral situado en Arriba dá Ponte. Como complemento ao programa houbo ata visitas guiadas a San Andrés de Teixido e, como non podía faltar, a gastronomía serviuse acorde para a ocasión.
"A feira tivo moi boa acollida entre os veciños", apuntaba onte unha das comerciantes da vila, María del Carmen Rei-Jimena que falaba do éxito de convocatoria á que tamén se sumou a gardería municipal que instou a todos os pais a levar mañá aos seus fillos ataviados con roupa típica de Andalucía.
A celebración continuará hoxe domingo cunha misa rociera a partir das doce do mediodía na igrexa parroquial de Santa María do Mar.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1905