Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Ría de Cedeira
Fecha Jueves, 26 abril a las 19:38:12
Tema PHP-Nuke


A Consellería do Medio Rural e do Mar evita aclarar se financiará -xunto co Fondo Europeo da Pesca- a vixilancia das áreas mariñas protexidas de Lira e Cedeira, a pesar de que o contrato que ten coa empresa Tragsa finaliza o vindeiro luns. Os traballadores da compañía foron avisados dun inminente despedimento, o que preocupa e moito aos mariñeiros e mariscadores que nos últimos anos viron como cunha xestión sostible aumentan o tamaño das especies, as capturas e a actividade

A Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Ría de Cedeira cumpriu tres anos en marzo. "notamos unha mellora nos principais recursos pesqueiros, cun incremento tanto nas capturas como no tamaño dalgunhas especies crave grazas a unha pesca sostible e responsable, que non produce descartes, non causa danos aos ecosistemas, que contribúe á xestión sostible e integral da costa e promove a diversificación", aseguran os seus usuarios. Os pescadores participan e deciden sobre a xestión da reserva e observan os beneficios derivados da súa xestión. O seu plan de xestión anual demostrou un alto grao de responsabilidade e compromiso: establecemento de novas zonas de veda para cría de especies e aumento das tallas mínimas de captura nalgúns casos de ata un 50%. Isto nun espazo natural que antes vía reducirse a súa capacidade produtiva e agora incrementou a biomasa e as capturas.

Pero é que ademais, a creación da reserva de Cedeira supuxo o impulso definitivo á definitiva construción e posta en marcha da depuradora de augas residuais, que produciu unha considerable mellora da calidade das augas e, en consecuencia, das zonas de pesca, como o demostra o paso da zona clasificada como B a zona A para o cultivo de moluscos bivalvos.

Protección ambiental

A protección da ría foi fundamental na paralización de macroproyectos industriais e empresariais que determinadas sociedades pretendían instalar na comarca e que levarían a unha total degradación dun paraíso natural situado na rede Natura 2000. Á riqueza pesqueira súmanse ademais os proxectos turísticos que atraeron visitantes e fomentado o nacemento de asociacións culturais e deportivas creadas ao amparo das propias reservas mariñas.

Os problemas de financiamento non fan senón retardar o proceso cando, en 2014, a entrada en vigor do novo regulamento do FEMP debe proporcionar axudas xa previstas para a xestión, recuperación e seguimento de zonas mariñas protexidas. Así se prevé no capítulo Desenvolvo sostible da pesca desta normativa.

A confraría de pescadores de Cedeira espera que "os difíciles anos" que quedan por diante non signifiquen un retroceso que poña en perigo a supervivencia da contribución de Galicia ao Convenio de Biodiversidade de Nacións Unidas que esixía que o menos un 10% da superficie mariña en 2012 estivese protexida "e en Europa levamos menos do 0'5%", aseguran.

Linj; ODONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1903