Feira de Abril
Fecha Jueves, 26 abril a las 12:57:08
Tema PHP-Nuke


A primeira edición da Feira de Abril de Cedeira quenta motores. A iniciativa, que parte duns 30 empresarios do casco antigo da localidade, arrincará mañá a partir das 22.30 horas co aceso das luces e a inauguración da feira cunha festa flamenca. O recinto feiral permanecerá situado no paseo marítimo Mariña Española.



O sábado, o auditorio municipal albergará conferencias sobre a orixe do viño Tío Pepe cada media hora - entre as 10.30 e as 13.00 horas - a cargo das adegas González Byass. Xa pola tarde, a partir das seis, o profesor e historiador Rafael Usero conducirá unha visita guiada a San Andrés de Teixido. Ao longo da tarde haberá pasacalles co Grupo Andaluz e sevillanas ás oito no paseo marítimo. As agrupacións musicais O Candil e Chilava porán a nota musical á cita nocturna.
O domingo, unha misa rociera na igrexa de Santa María do Mar, completará o programa.

Link: DFONLine - JVA






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1902