Concello de Cedeira - Obras
Fecha Sábado, 21 abril a las 08:42:03
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira activou a campaña coa que pretende ter en óptimas condicións os camiños, pistas e leiras municipais de face á tempada estival.
O proxecto estenderase ao longo dunhas 150 hectáreas repartidas por todas as parroquias.
Unha cuadrilla de operarios municipais encárgase de executar unhas tarefas coas que se busca previr, na medida do posible, incendios forestais. A medida tamén garda relación coa seguridade viaria na zona rural, tendo en conta que a retirada de maleza nas pistas mellora a visibilidade e o paso de transeúntes.
Segundo se informa desde o Concello cedeirense, os traballos desenvolveranse ata finais de ano e a intensidade dos mesmos dependerá das condicións meteorolóxicas.

Os empregados municipais, que onte se encargaban de realizar a tarefa na parroquia de San Román, dispón de dous tractores rozadora e dunha máquinaria manual para realizar a limpeza dos camiños.
Así, a cuadrilla actúa ao longo de pistas e camiños nun área de tres ou catro metros de ancho. Neste sentido, desde o departamento municipal de Obras explícase que, en función do estado que presenten as vías de comunicación da zona rural, realízanse unha ou dúas intervencións nunha mesma área e tamén no mesmo exercicio.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1900