A corrente liderada por Xosé Manuel Beiras, Encontro Irmandiño, critica que o "aparato" do BNG "pretenden manterse custe o que custe utilizando reglamentarismos" para continuar á fronte da dirección nacionalista e responsabiliza desta "acción" a "Aymerich e á UPG". Ademais, insta a militancia a poñerse en contacto con esta corrente para asistir á asemblea extraordinaria nunhas listas "plurais e abertas" nas que o Encontro Irmandiño concorrerá, de maneira que se confirma que esta corrente integrada no Bloque elaborará unha candidatura alternativa.
Na súa páxina web, reproba que os que dirixiron nos últimos anos ao Bloque "conduciron ao BNG con moita máis soberbia que acerto, deron as costas aos movemento sociais e reduciron o papel da militancia ao papel de figurantes nos mitins". Así, tras o Consello Nacional do sábado, no que saíu adiante o texto do regulamento proposto pola dirección e quedou rexeitado o "voto particular" mantido polo Encontro Irmadiño, a corrente liderada por Beiras considera que nesa reunión se "materializou unha nova acción conxunta da maioría dominante que exerceu (a dirección) dende a Asemblea Nacional de 2006", na que se substituíu o asamblearismo por un sistema de delegados para o plenario.
"O aparato do BNG controlado polo Quinigá --agora sen Quintana pero comandado por Aymerich-- xunto coa UPG impuxeron no Consello Nacional a súa maioría mecánica, in*****prindo o espírito do acordo do 14 de marzo, no que se dicía un mínimo de 2.500 delegados", di esta corrente no seu web oficial.
"Vémonos así convocados a unha asemblea 'express', cuns prazos mínimos para elaborar as listas, para participar cun control do censo do que só van dispoñer eles para dirixirse a todos os militantes", engade, e conclúe: "¿A que lle ten medo? Evidentemente a perder o control do proceso".
Así, os 'irmandiños' instan ao "rescate do BNG polos militantes" e aseguran que este "non ten outra forma de producirse que participando na elección de delegados e convertendo eses prazos contra reloxo nun estímulo engadido, para poñer no seu sitio aos profesionais da política que manexaron o BNG para os seus fins ata a derrota electoral do 1 de marzo".
Neste sentido, apelan a "facer valer as boas palabras e os arrepentimentos" para que "fagan do BNG de novo ese instrumento ao servizo do país". "A maquinaria infernal que dicía entón Beiras e que levou ao nacionalismo galego ás súas máis altas cotas de apoio popular", apostila o do*****ento da páxina, en relación a cando o actual líder do Encontro Irmadiño como voceiro nacional do BNG alcanzou o teito electoral da formación frentista e esta se converteu en segunda forza política no Parlamento, con 18 deputados, en 1997.
Link: XORONLIne