Concello de Cedeira - CIFP R. Ucha Piñeiro
Fecha Jueves, 19 abril a las 08:57:56
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira e o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro asinaron recentemente un convenio de colaboración que permitirá á administración local acoller nas súas instalacións alumnos dos últimos cursos dos ciclos formativos para realizar tarefas relacionadas cos seus estudos e, ao centro educativo, completar a formación práctica do seu alumnado. O documento permitirá a incorporación dunha estudante de ciclo de Turismo á Oficina Municipal. Esta comezou o seu período de prácticas o pasado 10 de abril e terminará as mesmas o 22 de xuño, completando así un volume de 384 horas.

O concelleiro de Promoción Turística, Luís Rubido, explicou que, baixo a supervisión do responsable da Oficina de Turismo, a estudante prestará asesoramento aos visitantes que desexen información sobre os lugares de interese da zona, aloxamentos, gastronomía típica, rutas de sendeirismo, actividades culturais, festas ou recursos destacados como San Andrés de Teixido, a Garita de Herbeira, a Serra dá Capelada ou o castelo da Concepción.
Estas instalacións municipais permanecen abertas durante todo o ano debido ao número de visitantes que rexistra a vila. De feito, desde o consistorio recordan que esta cifra superou as 10.300 persoas durante o pasado 2011. O horario de atención ao público durante o inverno é de 10.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.30 horas de luns a venres e de once a dous os sábados. No período estival, os meses de xullo, agosto e parte de setembro, a oficina abre as súas portas todos os días da semana.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1897