Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
Fecha Domingo, 15 abril a las 19:15:59
Tema PHP-Nuke


Unha trintena de persoas participaron onte no acto organizado pola Asociación Memoria Histórica e Democrática de Ferrol con motivo do aniversario da II República. Unha ofrenda floral rendeu xusto tributo ás vítimas do campo de concentración instalado na vila tras a guerra civil.


© 2012 Diario de Ferrol

Fai 75 anos que a primeira expedición de prisioneiros procedentes de Asturias chegou ao campo de concentración de Cedeira, situado nas instalacións dunha antiga fábrica de salgadura, nas inmediacións da praia da Magdalena.

Un escenario que onte se vestiu coas cores da República, era o seu día, para render xusto tributo á memoria das vítimas. "Non nos veran aplaudir aos vencedores, senón homenaxear ás vítimas, aquelas que sufriron inxustamente", sinalou José Luís Vergara, portavoz do PSOE de Cedeira.
As súas palabras precederon a intervención de Enrique Barreira, un dos membros máis activos da Asociación Memoria Histórica e Democrática de Ferrol, organizadora do acto. "Estamos facendo un xesto de lembranza, pero non de nostalxia, xa que traballamos coa idea de ter unha III República porque pensamos que é a mellor forma de democracia", apuntou Barreira. Baseou as súas palabras nos últimos datos dunha enquisa do ano 2000, que situaba a diferenza entre os partidarios da monarquía e da república en só 4 puntos, cando en 1996 distaban en 59. "Estamos a piques de dar outro paso. E non é un plantexamento de vinganza, senón a forma de gobernanza máis xusta e democrática que hai", puntualizou á trintena de persoas que onte se citaron ante o monumento en homenaxe ás vítimas do campo de concentración da vila cedeirense.


Non houbo presenza de familiares dos apresados esta vez, pero non faltou o respaldo dos achegados das testemuñas da represión que se viviu anos posteriores á guerra civil. E é como sinalou José Luís Vergara, "en Cedeira sempre existiu unha solidariedade con toda aquela xente".
O cénit do acto viviuse coa ofrenda floral que Vergara e Barreira depositaron aos pés do monólito, mentres se interpretaba a ritmo de gaita "Caraveliño Colorado" e "Alalá dás Mariñas". O himno galego puxo o punto e final ao evento.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1895