Rogo Baturro presentado no pleno
Fecha Miércoles, 11 abril a las 18:17:40 Tema PHP-Nuke
Rogo Baturro presentado no pleno ASUNTO PLENO ORDINARIO 28 DE MARZO DE 2012 ROGO obra no Baturro DATA: 14 de setembro de 2011
Asistentes:
Leopoldo Rubido Ramonde Alfredo Vilela Santalla Pablo Luis Nebril López Juan Carlos Romero Beceiro
Ausentes: Luis Rubido Ramonde
Funcionarios:
Secretaria: Mª Cristina Varela García Interventor: Jorge Vidal Zapatero Arquitecta Municipal: Mª Belén Lamas Pardo Arquitecto Técnico: Agustín Martínez Docanto
Ás 14:00 o Alcalde-Presidente indícalle a Alfredo Vilela Santalla que abandone a sala de sesións posto que incurre en causa de abstención, cousa que fai ás 14 horas.
A continuación, Luis Rubido pregunta que acontece se a Xunta de Goberno non resolve o recurso. A Secretaria responde que, transcorrido os plazos legalmente previstos (1 mes), de conformidade co disposto no art. 43.1 da lei 30/1992, o recurso de reposición enténdese desestimado.
En vista do anteriormente exposto, os membros da Xunta de Goberno Local presentes na sesión decide tratar o asunto.
... ( sigue ) ....
Por 3 votos a favor (Leopoldo, Luis Rubido e Pablo Nebril) e unha abstención (Carlos Romero) acorda:
Desestimar o recurso de reposición,… e notificar o presente aordo aos interesados.
A ESTE GRUPO CÓNSTALLE QUE AGORA ESTÁ A EXPLOTARSE EN DITA CONSTRUCCIÓN UN ESTABLECEMENTO PÚBLICO, ELEMENTO ÉSTE CUIO CONTROL CORRESPONDE AO CONCELLO.
POR TODO ELO SENTÍMONOS NA OBRIGA DE ROGARLLES QUE FAGAN CUMPLIR A LEI QUE ATINXE Á PERTURA DE ESTABLECEMENTOS PÚBLICOS.
1.1. RECURSO DE REPOSICIÓN CONTRA O ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 12/05/2011 (EXPTE: 2010/024/000010 e 2010/006/000189)
- 12/05/2011. A XGL, tendo en conta a proposta de resolución da arquitecta municipal de data 05/05/2011 acorda:
- “Denegar a licencia de actividade solicitada a nome de D. Alfredo
Vilela Santalla en representación de SANTOSCON, S.L. para as obras de
instalación de café-bar en O Baturro con Nº de expediente
2010/024/000010.
E como consecuencia, en virtude do artigo 196.2 da LOUGA: Denegar a
licenza de obras solicitada a nome de D. Alfredo Vilela Santalla en
representación de SANTOSCON, S.L. para as obras de intalación de
Café-Bar en O Baturro con Nº de expediente 2010/006/000189.”
- “Dar traslado ao Fiscal de Urbanismo do TSXG do incumprimento a orde de paralización de 14 de outubro de 2010”
Notifícase o referido acordo:
ü a Alfredo Vilela con data 19/05/2011,
ü remítese certificado do acordo adoptado en Xunta de Goberno Local ao Fiscal do Tribunal Superior de Galicia con data 27/05/2011,
ü así como á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística con data 25/05/2011.
Con data 9/06/2011 entra no Concello solicitude do Fiscal
de Area de Santiago de remisión de documentación dos expedientes de
obra menor 2010/006/000189, actividade 2010/024/000010 e reposición da
legalidade urbanística, así como infortme da arquitecta municipal.
Con data 22/06/2011 díctase providencia da Alcaldía solicitando ao servicio de urbanismo a remisión dos expedientes así como do informe da arquitecta municipal.
Con data 07/07/2011 emítese o informe técnico da arquitecta.
Con data 10/06/2011 (R.E. 3580) entra escrito do Servicio Territorial Zona Galicia Norte de Augas de Galicia
sobre incoación de expediente sancionador a SANTOSCON, S.L. por obras
de recheo e construcción en zona de servidume do Rio de Braxe carecendo
de autorización no lugar de O Baturro.
Con data 17/06/2011 (R.E. 3711), Alfredo Vilela Santalla presenta
recurso de reposición contra o acordo da XGL de data 12/05/2011
baseándose en:
- O expediente de obra menor 2010/006/000154 non se xustifica o arquivo do referido expediente en tanto que os interesados non recibiron ningunha notificación do requerimento de documentación.
- Nega que a documentación estea incompleta.
- Nas instancias dirixidas ao Alcalde non se fai mención a si a obra é maior ou menor.
- Existe desacordo entre os informes técnicos do arquitecto técnico
municipal e a arquitecta municipal. O primeiro apóiase no PXOM do 95 e a
segunda na lei 2/10.
- As obras atópanse en solo de núcleo rural b común, en aplicación da
disposición transitoria 1 da LOUGA, calificado no PXOM como solo non
urbanizable de núcleo rural e tendo en conta a oedenanza de aplicación
segundo o arquitecto técnico as construidas hai máis de 40 anos, están
separadas a máis de 5 m do río que en todo caso amparándose nesta
ordenanza habería que condicionar a canalizar as augas do río nesa
franxa.
- Non se pode clasificar de solo rústico unha parte situada no núcleo rural.
- Opera o silencio administrativo positivo,…
Con data 30/06/2011 díctase providencia da Alcaldía solicitando á Xefa do Servicio de Urbanismo e Arquitecta a emisión do pertinete informe-proposta co fin de resolver o recurso de Alfredo Vilela Santalla.
Con data 12/08/2011 (R.E. 4802) entra copia do acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística incoado pola APLU, na que se resolve:
- Incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en
relación coas obras realizadas en solo rústico e en solo de núcleo rural
sen as preceptivas autorizacións urbanísticas autonómicas e licencia
municipal consistentes en construcción de edificación para café-bar
restaurante no lugar de Baturro, Nº1, San Román de Montoxo, no termo
municipal de Cedeira.
- Comunicar esta resolución aos interesados indicándolles que no plazo
de 15 días hábiles poderán presentar alegacións, documentos ou
informacións que estimen convenientes e no caso de que teñan por certos
os feitos que se describen no corpo desta resolución propoñer proba
concretando os medios de que pretendan valerse”
Con data 19/08/2011 emite informe a arquitecta municipal sobre o recurso de reposición interposto: Transcríbese en gran parte na acta,… CONCLUSIÓN: Debería desestimarse o recurso de reposición,… Calquera acto ou resolución relativo ós presentes expedientes deberá notificarse á APLU, por constar incoación de ERLU IU/42/2011, así como a Augas de Galicia por existir expediente sancionador,… así como ó Servicio Provincial de Estradas da CMATI, por estaren en execución obras na zona de afectación da estrada AC-566 sen autorización.
Con data 30/08/2011 informe da TAX, de carácter procedimental,…
Por 3 votos a favor (Leopoldo, Luis Rubido e Pablo Nebril) e unha abstención (Carlos Romero) acorda:
Desestimar o recurso de reposición,… e notificar o presente aordo aos interesados.
A ESTE GRUPO CÓNSTALLE QUE AGORA ESTÁ A EXPLOTARSE EN DITA
CONSTRUCCIÓN UN ESTABLECEMENTO PÚBLICO, ELEMENTO ÉSTE CUIO CONTROL
CORRESPONDE AO CONCELLO.
POR TODO ELO SENTÍMONOS NA OBRIGA DE ROGARLLES QUE FAGAN CUMPLIR A LEI QUE ATINXE Á PERTURA DE ESTABLECEMENTOS PÚBLICOS.
Link: A. Socialista de Cedeira
|
|