Pregunta no pleno sobre as obras no Palacete
Fecha Miércoles, 11 abril a las 19:08:08
Tema PHP-Nuke


Pregunta no pleno sobre as obras no Palacete

O 29 de novembro do 2011 accedemos ao expediente referente ás obras no Palacete Municipal realizadas cunha subvención ao abeiro da orde de 10 de febreiro de 2011 da Consellería de Presidencia, publicada no DOG num. 30 de 14/02/2011.

Detectamos algunhas deficiencias que seguro se deben a defecto do consultor máis que a defectos no procedemento administrativo. Repasemos os fitos máis salientables:

 

   O obxecto polo que se nos concede a subvencións éstá descrita no proxecto firmado por Javier López Pita, da empresa SINGLA, S.L. con data de entrada no Concello  de Cedeira de 7 de marzo do 2011 con Nº de Rexistro 1.277, co  de “PROYECTO DE ACTUACIONES EN CALLE DE A AREA Y EN PALACETE MUNICIPAL”. A transcripción textual reza da seguinte maneira “la obra consiste en substituir la caldera existente por una ud. Bomba de calor formada por 2 uds condensadoras, 2 módulos hidrokik interior, y un acumulador de inercia de 750 l. con una potencia eléctrica total 13 KW y circuladores de agua para cada planta, con termostato de ambiente y efectuar labores de limpieza y mantenimiento en los radiadores existentes”.
    No mes de abril, previo informe da Arquitecta Municipal e da Intervención, solicitamos a realización do Informe Técnico á empresa SINGLA. A partir deste punto, os seguintes fitos correspóndese co grupo que agora ostenta o goberno.
     Non aparece no expediente ningún proxecto correspondente ao obxecto polo que se solicitou e se concedeu a subvención, o sistema de caldeira.
    Hai que esperar a principios de agosto a que a Arquitecta Municipal realice unha proposta como “responsable do servicio de redacción de proxectos técnicos, dirección de obras e coordinación de seguridade e saúde das obras do Concello de Cedeira” no que entresacamos:

“resultando que o Concello de Cedeira decidiu variar parcialmente o contido do proxecto de obra …

PROPOÑO:

1.- Encargar a PROYFE, S.L. a nova redacción redacción do proxecto técnico da obra de “ACTUACIONES EN CALLE DA AREA Y EN PALACETE MUNICIPAL” desglosada da seguinte maneira:

-          …

-          Un proxecto técnico para a obra “Actuaciones en Palacete Municipal”, co mesmo orzamento que consta no proxecto inicial, pero referido a actuacions de reparación (mellora e illamento) da cuberta do edificio do Palacete Municipal.”

A respecto deste documento destacamos que:

a)     Non atopamos a providencia da Alcaldía na que se lle solicita á Arquitecta Municipal a proposta de proxecto técnico.

b)     Tampouco encontramos documento algún que acredite a expresión “resultando que o Concello de Cedeira decidiu variar parcialmente o contido do proxecto de obra” nin o órgano que adoptou esta resolución.

    A continuación figura PLEGO DE ENCARGO da Alcaldía de 05/08/2011 no que se fai eco da proposta da Arquitecta Municipal, no que insiste na expresión “resultando que o Concello de Cedeira decidiu variar parcialmente o contido do proxecto de obra “Actuaciones en calle de Area y en Palacete Municipal”
    Finalmente O “Proxecto en Palacete Municipal” correspondente xa cos arranxos no tellado ten data de abril de 2011 (Ingeniera CCp, autora do proxecto: Alba Rodríguez Couceiro, colegiada Nº 25.621) a pesar de que  o Plego de Encargo tiña data de 5/08/2011.

    Non nos consta rexistro de entrada e sería bo que explicasen estas discordancias nas datas.
    Tampouco nos consta a documentación pola que se tramita diante da Xunta a modificación do obxecto da subvención concedida.
    Finalmente necesitamos conocer o estado no que se atopa a tramitación desta subvención.

En Cedeira, a 26 de marzo de 2012
Link: A.S. de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1883