ROGO ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS
Fecha Miércoles, 11 abril a las 19:06:10
Tema PHP-Nuke


PLENO ORDINARIO 28 DE MARZO DE 2012

ROGO ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS


Según a actual lei vixente da Supresión de Barreiras Arquitectónicas, tódolos edificios e lugares públicos deben estar adaptados, para que as persoas con movilidade reducida poidan entrar e circular por eles de forma totalmente autónoma. Tamén que as diversas estancias non teñan atrancos para que persoas discapacitadas desenvolvan calquera tipo de actividade nelas.

Ainda que melloramos, en Cedeira queda moito  por facer respecto a este tema, por exemplo:

    Edificios públicos: Correos, algunha dependencia do Concello ( Salón de Plenos,…), interior do Palacete.
    Nalgunhas beirarrúas hai que suavizar as  rampas.
    Dentro da Casa do Concello, en concreto o Salón de Plenos, non está adaptado para que as persoas discapacitadas non nos sintamos dicriminadas en calquera dos postos que se ocupen: alcalde, concelleiros, funcionarios ou público.

Desde o Grupo Socialista rogamos ao Goberno Municipal para que poña os medios necesarios para que a  Supresión de Barreiras arquitectónicas en todo o Concello  sexa unha realidade.

En Cedeira a 26 de marzo de 2012

Link: A.S. de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1882