TEGA recorre a sentenza
Fecha Domingo, 05 abril a las 17:42:58
Tema PHP-Nuke


Aínda que días atrás Xoán Gato apostaba por resolver os conflitos legais existentes entre os dous sectores de Terra Galega -un liderado por Pablo Padín e outro polo ex alcalde de Narón- e fundar outro partido, a formación decidiu agora dar marcha atrás. Polo menos iso é o que confirmou a Diario de Ferrol onte Guillermo Sánchez Fojo, edil naronés que no momento de constitución das siglas de Terra Galega foi nomeado vicecordinador da zona Norte.


Así, Sánchez Fojo confirmou que no transcurso dunha reunión que tivo lugar o venres, na que estaban presentes os alcaldes e edís teguistas da comarca, a excepción do concelleiro cedeirense Xermán Tobío, que pertence ao sector de Padín, e responsables dos municipios coruñeses de Arteixo e Carballo. Todos acordaron recorrer a sentenza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela que desestimou a demanda presentada polo sector de Terra Galega liderado por Xoán Gato, contra a parte do grupo que apoia ao presidente do partido, Pablo Padin. Deste xeito, a xustiza avalaba os acordos tomados naquel Congreso político que a formación celebrou en Compostela o 12 de xullo do ano pasado cuxos acordos foron obxecto dunha demanda por parte dos afíns a Gato, o que lles permitiu a estes presentarse ás pasadas eleccións autonómicas, logrando o respaldo de case 18.000 votantes.

A referida sentenza dá validez aos acordos tomados naquel Congreso do mes de xullo, que pasaban pola expulsión do partido de Xoán Gato, Guillermo Sánchez Fojo, Luís Calvo e Anxo Rodríguez, unha decisión que só se revogaría en caso de sentenza favorable por parte da Audiencia Provincial da Coruña, organismo ante o que se interporá agora un recurso de apelación, tal e como confirman desde o sector afín a Xoán Gato.

Link: DFONLine





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=188