Concello de Cedeira - Substitución por baixa
Fecha Martes, 10 abril a las 20:14:53
Tema PHP-Nuke


RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
Asunto :SUBSTITUCIÓN DA ARQUITECTA MUNICIPAL POR BAIXA
MÉDICA
Data decreto: 02/02/2012
Núm. Decreto: 41

Con motivo da ausencia da Sra. Arquitecto municipal dona Belén Lamas Pardo, por baixa laboral dende o 31 de xaneiro de 2012 (da que tivo coñecemento este Concello o 2 de febreiro de 2012, rex. de entrada nº 0574), e co fin de atender ao servizo municipal,

RESOLVO:

Primeiro.- Nomear ao Arquitecto Técnico municipal, don Agustín Martínez Docanto para levar a cabo as funcións da Sra. Arquitecto municipal ata a súa incorporación.

Neste sentido exercerá de responsable dos contratos, dirixirá e impulsará a tramitación dos expedientes en materia de urbanismo ata a súa resolución, e calquera outra función desempeñada habitualmente pola Arquitecto Municipal.

Segundo.- Notificar a presente resolución ós interesados, así coma ós departamentos municipais para o seu coñecemento e efectos.

Así o ordena e dispón o Sr. Alcalde acctal., do que eu, secretaria, dou fe.
Cedeira, 02/02/2012
O alcalde acctal., A secretaria xeral,
Alfredo Vilela Santalla Mª Cristina Varela García

Link. Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1878