Concello de Cedeira - Libre nomeamento
Fecha Martes, 10 abril a las 20:09:23
Tema PHP-Nuke


RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

Asunto :NOMEAMENTO DE PERSOAL EVENTUAL: ASISTENTE TÉCNICO ÁS
CONCELLERÍAS
Data decreto: 01/02/2012
Núm. Decreto: 40

Visto que na plantilla de persoal desta Corporación correspondente ó orzamento de 2012,previa modificación da mesma acordada na sesión plenaria do 25 de xaneiro de 2012, figura oposto de traballo de “Asistente técnico ás concellerías” como persoal eventual.

Considerando que corresponde a esta Alcaldía a provisión destes postos de traballo mediantelibre nomeamento, consonte as atribucións conferidas polo artigo 104.2 da Lei 7/1985, de 2 deabril, Reguladora das Bases do Réxime Local e artigo 250 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.

Vista a proposta da Alcaldía, de 1 de febreiro de 2012.

Visto o escrito presentado por Don José Luís Parada Freire, con D.N.I. número ********-* na data de hoxe (rex. de entrada nº 571), declarando non estar incurso en causa de incompatibilidade para o desempeño do posto, ao abeiro do disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal adscrito ó servizo das Administracións Públicas.

No uso das atribucións conferidas pola lexislación vixente en materia de réxime local,

RESOLVO:

Primeiro.- Nomear a Don José Luís Parada Freire, con D.N.I. número *********-* para ocupa-lo posto de “Asistente técnico ás concellerías”, reservado no cadro de persoal a persoal eventual, coas atribucións propias do posto, cunha dedicación do 50% da xornada laboral e a retribución que figura no orzamento vixente, que en cómputo mensual bruto ascende a 1.400,00€ a percibir en 14 pagas, máis a parte da Seguridade Social correspondente.

Segundo.- Don José Luís Parada Freire poderá ser cesado libremente por esta Alcaldía, e en todo caso, cesará automáticamente cando se produza o cese ou expire o mandato desta Alcaldía.

Terceiro.- Os servicios prestados ó abeiro do presente nomeamento, non poderán ser invocados como méritos para o acceso á función pública ou á promoción interna.

Coarto.- O presente nomeamento e o seu réxime de retribución publicaráse no Boletín Oficial da Provincia, dándose conta do mesmo ó Pleno da Corporación na primeira sesión que celebre.

Así o ordena e dispón o Sr. Alcalde, do que eu, secretaria, dou fe.
Cedeira, 01/02/2012
O alcalde, A secretaria xeral,
Leopoldo Rubido Ramonde Mª Cristina Varela García


Link Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1877