Concello de Cedeira - Parques e xardíns
Fecha Miércoles, 04 abril a las 09:02:03
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira decidiu darlle un toque de cor ao paseo que a Demarcación de Costas en Galicia construíu ao longo do río Condomiñas.
Así, a área de Parques e Xardíns tomou o acordo de aproveitar podas realizadas en zonas verdes do concello para plantar catrocentos exemplares de hortensias, coa intención de que as persoas que frecuentan o paseo teñan un novo aliciente para facelo. Por conseguinte, a iniciativa tivo custo cero para as arcas municipais, un aspecto que se destaca desde a administración cedeirense.



Por outra banda, tamén se menciona a cuestión da estética, por considerar que coa plantación realizada mellórase a contorna, e sitúase a intervención realizada na zona do río Condomiñas dentro das habituais que levan a cabo os operarios adscritos ao servizo de parques e xardíns.
Neste sentido, tamén se citan os traballos realizados nos últimos días na rotonda da praza de Galicia e que deron lugar á plantación de flor de tempada nunha zona que representa o epicentro da vila cedeirense.
Un total de 350 exemplares de distintas especies crecen nunha glorieta que resulta case paso obrigado de veciños e visitantes. Esta tarefa de actualización dos espazos públicos traduciuse, así mesmo, na plantación de diferentes tipos de exemplares nos maceteros que, distribuídos estratexicamente en rúas e lugares urbanos, tamén contribúen a adornar a vila no seu conxunto.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1876