Concello de Cedeira - POS
Fecha Martes, 03 abril a las 09:09:54
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira anunciou o inicio dos traballos de pavimentación e limpeza de cunetas en cinco camiños públicos, concretamente, nos lugares da Xunqueira, Piñeiro, Moreira, Pereira e Rabadam.
No seu conxunto, as actuacións desenvolveranse en máis de dous quilómetros e, segundo as estimacións das persoas que están á fronte do departamento de Obras, os traballos prolongaranse por espazo de dúas semanas, se as condicións meteorolóxicas son favorables. O proxecto está valorado en 60.000 euros, cantidade que se financiará con cargo ao Plan de obras e Servizos da Deputación da Coruña. O Concello sinala que nos camiños da Xunqueira e Piñeiro procederase ao reforzo do firme por medio dunha capa de macadam de quince centímetros de espesor e a aplicación en toda a superficie de tres regas asfálticos, semiprofundo, superficial e de selado, ademais da limpeza de cunetas.

No caso do camiño de Moreira, reforzarase o firme, acondicionarase a cuneta e executaranse dúas cruces da rede de saneamento cos seus correspondentes pozos. En canto á actuación prevista para o viario de Pereira a actuación limitarase á aplicación de rega asfáltico, mentres que no de Rabadam a intervención implica a aplicación dunha capa de zahorra e outra de macadam, completando a intervención coa correspondente rega asfáltico. Desde o Concello sublíñase a necesidade das actuacións polo estado que a día de hoxe presentan os camiños.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1875