Concello de cedeira - Copa do Mundo
Fecha Jueves, 22 marzo a las 11:16:02
Tema PHP-Nuke


A Copa do Mundo de Fútbol, conquistada pola selección española o pasado ano en Suráfrica, chegará o venres a Cedeira. O Concello, a través da súa Concellaría de Deportes, e o Cedeira SD, invitan a todos os veciños a desprazarse ata o Auditorio Municipal da vila para contemplar o prezado trofeo e inmortalizar o momento coas súas cámaras fotográficas. No marco da súa xira polos municipios da comarca que organiza a Federación Galega de Fútbol, a Copa do Mundo poderá visitarse en Cedeira durante toda a xornada: de mañá (de 11 a 14 horas) e de tarde (de 16 a 20 horas). Xa están programadas visitas por parte dos centros educativos da vila.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1874