Concello de Cedeira - Imserso
Fecha Jueves, 22 marzo a las 11:13:25
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira anima aos maiores da localidade a participar no programa de Termalismo Social. Para iso deben acudir ao departamento de Servizos Sociais, situado na terceira planta do centro socio-cultural, e solicitar a participación na iniciativa. As traballadoras municipais encargaranse de tramitar toda a documentación necesaria para formalizar a inscrición no Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso). O prazo para realizar as xestións termina o 16 de maio e o horario de atención ao publico é de luns a venres entre as dez e a unha da tarde.
Este programa permite ocupar o tempo de lecer da Terceira Idade, e doutra banda procura un pasatempo saudable que repercutirá de forma positiva no seu estado físico. A través do programa de termalismo, os pensionistas da Seguridade Social por conceptos de xubilación, invalidez ou viuvez e maiores de 60 anos poderán gozar de dez ou doce días nun balneario en réxime de pensión completa. A estancia tamén inclúe un tratamento termal adaptado ás súas necesidades. É o usuario o que deberá elixir entre destinos habilitados de toda España, deles 16 ofértanse na comunidade autónoma galega.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1873