CONFUSIÓN - Por Diego R. Piñón
Fecha Lunes, 19 marzo a las 10:43:07
Tema PHP-Nuke


Un artigo de Diego R. Piñón publicado no xornal Diario de Ferrol.

" No proceso de fusión de concellos imposta dende arriba, algúns xa tiveron nestes últimos días o seu momento de gloria, a foto que tanto buscaban. Quedou claro ademáis que os estudos e a planificación territorial ordeada, seria e rigurosa do tema, a transparencia, a negociacióna vontade e a opinión de todos os representantes electos mesmo da propia cidadanía non interesaban para nada.
Ás beiras dunhas eleccións,o goberno xíbaro co benestar social, necesitaba con urxencia abandeirar algo que a sociedade percibise como elemento reductor do gasto público, e por ende, de loita contra a crise. Que esa oferta careza da consistencia necesaria a todos os niveis non parece ter tanta importancia. Tal como se leva a cabo, é evidente quen pretende gañar coa fusión, tamén o é quen vai perder con ela. Sen dúbida será a poboación dispersa e maioritariamente envellecida residente en zonas rurais, nas que apenas se realizarán inversións e que quedarán lonxe da ubicación dos centros de prestación de servizos. A mesma xente que a día de hoxe aínda carece de servizos esenciais (redes de sumidoiros, auga,…) e que deberan ter garantizadas todas as parroquias de todos os concellos có apoio sen límites das deputacións. Para iso son, para corrixir desequilibrios. A da Coruña tamén. Son necesarias reformas integrais, máis non así. Nunha canción do famoso cantante brasileiro Roberto Carlos, dase algunha pista para un millor inicio: “Eu non estou contra o progreso, sempre que haxa un bo consenso, erros non corrixen outros, iso é o que penso”. "

©2012 - Diego R. Piñón - Diario de Ferrol


Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1872