Roadshow Movistar Galicia na Vila
Fecha Lunes, 12 marzo a las 07:32:50
Tema PHP-Nuke


O aula móbil Roadshow Movistar Galicia cuxo obxecto é achegar as vantaxes e utilidades de internet á poboación rural chegará o próximo mes de abril a Cedeira.

A iniciativa que arrincou o pasado mes de febreiro en Cambre, transcorrerá polos municipios nos que o Plan de Banda Longa da Xunta e Movistar xa posibilitaron a conexión á rede.

Este aula móbil, que permanecerá na vila o 6 e 7 de abril, conta con 18 postos con computador nos que de forma gratuíta levarán a cabo diferentes demostracións para ensinar a todo o que queira achegarse a facer unha compra online, solicitar unha cita médica ou consultar todo tipo de información como prensa, música, ofertas de traballo, partes meteorolóxicos ou trámites coas administracións públicas.

A aprendizaxe está guiado en todo momento por persoal especializado de Teléfonica. A idea que persegue a iniciativa non é outro que mostrar aos veciños as utilidades de navegar por internet.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1869