Aberto o prazo para solicitar praza
Fecha Miércoles, 07 marzo a las 12:23:25
Tema PHP-Nuke


Dende o 1 de marzo,  está aberto  o prazo para solicitar praza nas escolas infantís da Rede Galiña Azul, 118 do Consorcio e outras 24 xestionadas pola Consellería de Traballo e Benestar. O Diario Oficial de Galicia  publicou o 29 de febreiro os requisitos e procedementos para solicitar as prazas.

A resolución cos prazos e o lugar de presentación das instancias poderá consultarse a través deste portal www.escolasinfantís.net ou no propio centro onde se queira matricular ao neno ou nena. Segundo se sinala no devandito anuncio do DOG, o prazo para a presentación de solicitudes de renovación de praza ou de novo ingreso será dende o 1 ata o 31 de marzo, as listas provisionais de admitidos publicaranse o día 11 de maio e as listas definitivas, o día 11 de xuño.

O prazo para formalizar a matrícula dos nenos e nenas admitidos será dende o 12 ata o 30 de xuño.As resolucións de inicio do prazo de preinscripción e matrícula e a documentación anexa pode consultarse nos seguintes enlaces:

- Escolas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
- Escolas da Consellería de Traballo e Benestar

Link: Xunta de Galicia






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1867