Concello de Cedeira - Actividades deportivas
Fecha Miércoles, 07 marzo a las 08:16:51
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira confeccionou unha ampla oferta deportiva formada por máis dunha vintena de actividades que se desenvolven a diario no pavillón municipal. As propostas, pensadas para todas as idades, inclúen natación para bebés, embarazadas ou sesións libres, ademais da gran variedade de propostas a desenvolver na pista cuberta como patinaxe, ximnasia rítmica, baloncesto, bádminton ou tenis de mesa, entre outras.

O Concello mantén aberta a inscrición, que se deberá formalizar nas instalacións. O custo por actividade é de nove euros mensuais, que se abonarán en períodos trimestrais. A tarifa de bailes de salón e natación para bebés é de 18 euros por trimestre. Así mesmo, o Concello ten aprobados descontos para familias con máis dun fillo e para os que se anoten a unha segunda actividade.

A programación inclúe bailes de salón, bádminton, baloncesto, educación física de base, patinaxe, tenis de mesa, baile activo, pilates, aeróbic, ximnasia rítmica e de mantemento.

Lnk: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1865