Unha flor - Por Diego R. Piñón
Fecha Lunes, 05 marzo a las 12:03:11 Tema PHP-Nuke
Un artigo de opinión de Diego R. Piñón publicado no xornal Diario de Ferrol.
"O desbroce continuo, os sulfatos, a queima e a seca por falta de rego
están a condicionar grave e salvaxemente a realidade da nosa paisaxe
social. O entorno de deberes, dereitos, garantías e recursos que levou
séculos configurar está sendo hábil e rapidamente aniquilado ó amparo da
crise. Con estas técnicas é moi díficil manter o que había, e
practicamente imposible, case milagroso, que agrome algo novo. Mais a
natureza, a humana tamén, é teimuda e abre camiños onde menos se espera.
No medio dos restos e
da terra erma do campo de batalla, asoma nestes días unha pequena nova
flor. Unha flor para emerxencias. Un estímulo e símbolo da necesaria
reorientación do social. O pasado martes, por acordo unánime de todos os
seus integrantes, o pleno de Cerdido acordou a aprobación do
regulamento municipal sobre o uso dun novo servizo social: as vivendas
de emerxencia social. Esta nova prestación social nace da conciencia da
situación de indefensión e desamparo no que se poden atopar persoas ou
familias que por determinadas causas se vexan obrigadas a abandonar o
seu domicilio habitual.
Ten ademáis como obxectivos: 1-facilitar refuxio
e acollemento de urxencia con carácter temporal. 2-Atender situacións
críticas derivadas da carencia de aloxamento ou por graves conflictos
convivenciais que poñan en perigo a integridade das persoas.
Estas
vivendas sitas nos lugares de Felgosas e Campo da Igrexa abrirán en
breve as súas portas e ventás para non perder de vista o horizonte e
deixar que o vento esparza a semente da ilusionante flor."
© Diego R. Piñón - Diario de Ferrol
Link: DFONLine
|
|