Luís Suárez, mellor deportista do 2011
Fecha Domingo, 04 marzo a las 17:40:25
Tema PHP-Nuke


O alcalde cedeirense, Leopoldo Rubido, entregou onte a Luís Suárez Vilela o galardón que lle acredita como o mellor deportista cedeirense do 2011. Un recoñecemento que puña o broche de ouro á celebración da XI Festa do Deporte, unha cita que a vila recuperaba este ano tras catro sen celebrarse. Os veciños e veciñas de Cedeira abarrotaron o auditorio municipal para recoñecer os méritos e triunfos dos seus mellores atletas nun total de sete categorías.


© 2012 - La Voz de Galicia


Pipo Arribe, membro do grupo «Corre Carmela que Chove» foi o encargado de conducir a velada, á que acudiron deportistas de elite como os deportivistas Juan Carlos Valerón e Juan Domínguez, Javier Castillejo, campión do mundo de boxeo, e Manuel Planas, presidente da Federación Galega de Boxeo, entre outros.

A entrega de premios

A Festa do Deporte arrincaba coa actuación do grupo de ximnasia rítmica Acordes, de Narón, e continuaba cunha cata musical a cargo de compoñentes do club Kárate Cedeira. Foi o preludio da entrega de premios. Así, Xan Rodríguez Caridade e Clara Belas Novo eran recoñecidos como os mellores deportistas de taekowondo; Javier Arribí López era premiado na categoría de fútbol sala; Cristina Lois Prados, na de bádminton; Paula Nebril Nebril e Luís Suárez Vilela na de natación; Juan Martínez Rei (xogador do Racing) na de fútbol; o equipo sénior de remo (José María Hermida Leonardo, Daniel Santalla Busto, Francisco Romeu Loureiro e José María Fernández Rodríguez), en remo, e David Lafuente, en deportes adaptados.

De entre todos eles, Luís Suárez Vilela, que durante o 2011 logrou oito medallas de ouro no campionato galego absoluto de natación e dous de bronce no estatal en 4x100 estilos e 4x50 estilos respectivamente, era elixido o mellor deportista cedeirense.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1862