COHEN - Por Vicente Araguas
Fecha Sábado, 18 febrero a las 08:27:09 Tema PHP-Nuke
Un artigo de Vicente Araguas publicado no xornal Diario de Ferrol. ©2012 - Vicente Araguas - Diario de Ferrol
" Volve, con cáseque oitenta anos, Leonard Cohen, fabricar un disco de
altísimo nivel. Non unha mera recriación de cousas vellas ou escola de
manierismos. Cohen, xeneroso e artista, en contina procura de si mesmo,
ven de poñer na rúa un asunto espléndido que se chama “Old Ideas”.
E no
que só, ou acompañado de outros, Patrick Leonard, maiormente,
de-senguedella un fedello máxico no que a súa voz, con murmurio de mar
rouco, é fondo e tona para un mangado de cancións espectaculares. E digo
isto consciente de que a discreción e aínda, o minimalismo é o que
priman nesta
entrega de Leonard Cohen.
Que non soamente non desmerece as anteriores
senón que as complementa. Temas como “Going Home”, “Amen” ou “Lullaby”
van ficar na historia do “rock”, entendendo este de maneira ampla, por
máis que a súa fonte estea no “blues” purísimo que Cohen nado en
Montreal (Canadá) en 1934, educado literariamente aos peitos de Lorca,
segundo confesión propia, revitaliza a través dunha concepción tan sutil
como posmoderna. Logo está que Leonard Cohen é poeta grande, de maneira
que os seus textos (traducidos para a ocasión, con graza e libertade
por Joaquín Sabina) teñan un seu aquel dramático, tenro, poderoso. Para o
caso todo o mesmo. Volveu gravar Leonard Cohen, e os seus “fans”
estamos de noraboa. Tamén todos os que anseian desfrutar da beleza.
Moitos máis do que o ruido ambiental fai supoñer. Fáganse un favor,
escoiten “Old Ideas”.
De Neda. "
Link: DFONLine
|
|