Leonard Cohen tocará no parque de Castrelos
Fecha Viernes, 03 abril a las 13:53:13 Tema PHP-Nuke
O Concello de Vigo ultima a negoción para contar coa presenza de
Leonard Cohen no programa de actuacións das festas do próximo verán. A
data elixida é o 13 de agosto, e o lugar, o auditorio ao aire libre do
parque municipal de Castrelos.
© VONLINE A promotora da xira española do veterano cantante canadense, Doutor
Music, deu onte xa por feito o concerto, e fixo pública onte as datas
das actuacións que ofrecerá en España o autor de Suzanne .
Seis datas en España
Segundo a promotora Doutor Music, Leonard Cohen abrirá a xira, o 13 de
agosto, no parque Castrelos de Vigo; o día 15 actuará no Festival
Jardins de Cap Roig, en Xirona; o 12 de setembro, no Palacio de
Deportes da Comunidade de Madrid; o día 13 de setembro, no Coliseo de
Atarfe, en Granada; o 17 do mesmo mes, no Bec de Bilbao; e pechará a
súa xira, o día 21 de setembro, no Palau Sant Jordi de Barcelona. Leonard Cohen, de 75 anos de idade, regresou o pasado ano aos
escenarios tras quince anos sen ofrecer un concerto. Froito daquela
xira, o músico norteamericano publicou un disco en directo, Live in London , que foi gravado na capital británica. Clásicos da súa discografía, composta por quince álbums, como Hallelujah , Suzanne , ou First We Take Manhattan , conformaron o programa daquela xira. O ano pasado foi unha das estrelas do Festival de Benicàssim, pero a
súa volta non foi voluntaria senón obrigada polo desfalco de cinco
millóns de dólares que a súa asesora financeira e amante, Kelley Lynch,
produciulle nas súas arcas, e que o deixou case na bancarrota.
Link: VONLine
|
|