Concello de Cedeira - Porto Deportivo
Fecha Jueves, 09 febrero a las 11:07:50
Tema PHP-Nuke


Tras declararse deserto o concurso público convocado a principios de 2011 para a construción do porto deportivo de Cedeira, Portos de Galicia iniciou un período de consultas a diferentes empresas do sector de face a coñecer as súas necesidades e intereses neste proxecto, características que, na medida do posible, intentarán incorporar ao prego de condicións da intervención.



Este procedemento está encamiñado a garantir a concorrencia de iniciativas ao futuro concurso público que o ente galego convocaría, en caso de existir interese por parte das empresas. "Agora mesmo Portos de Galicia só sacará adiante aqueles proxectos que estean avalados pola iniciativa empresarial", indican desde o organismo autonómico. Unha filosofía coa que pretenden evitar situacións como a do porto deportivo de Muxía, construído durante a pasada lexislatura e "en cuxa xestión agora non está interesada ningunha empresa", indican.
Estas instalacións náuticas de recreo son unha demanda histórica da vila de Cedeira. No ano 2005 deuse a coñecer o proxecto para construír na zona unha nova dársena deportiva, unha proposta que se atopou coa oposición frontal da Confraría da localidade ante as condicións expostas, por entender que as pretensións da UTE que resultou adxudicataria dos traballos eran excesivas.
Así, o proxecto inicial contemplaba dotar á infraestrutura de 411 puntos de amarre, demasiados para unha ría de apenas un quilómetro de ancho. As alegacións presentadas polo depósito local, o goberno municipal, entidades ecoloxistas e usuarios das instalacións náuticas obrigaron a redactar de novo o proxecto reducindo o número de puntos de amarre ata os 270. Entre tanto, a UTE que debía acometer os traballos decidiu renunciar ao proxecto ao non estar conforme co mesmo.
Foi entón, a comezos de 2011, cando Portos sacou a iniciativa a un concurso que quedou deserto. De aí a sondaxe actual para coñecer as necesidades dos posibles "pretendentes" do proxecto de face a incluílas na redacción do novo prego.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1849