Concello de Cedeira - Axenda Cultural - AUDITORIO
Fecha Jueves, 09 febrero a las 10:48:28
Tema PHP-Nuke


Programación fin de semana no Auditorio Municipal de Cedeira

Sábado 11 ás 19:30 h. - Prezo: 2,50 €
Carrachanacacha presenta: “Comendo Pimentos de Padrón con Tarantino” de Leandro Lamas.
 Ópera prima do polifacético artista de Neda na que nos presenta unha historia dunha moza que quere ser artista, unha nai que limpa nos porcos e un pianista no horizonte. Desta obra dixeron: “...si este es el nivel medio de los grupos aficionados gallegos, estos caníbales nos comen vivos.”  Diario de Navarra

"Un espectáculo teatral de la alta escuela. Su ritmo trepidante, la mordaz e irónica crítica a los "valores" de nuestra sociedad, su humor ácido que conecta al instante con el espectador y le arranca sonrisas cómplices con personajes y situaciones... unido a una cuidada interpretación, consigue no defraudar a nadie”     aquimuerehastaelapuntador.blogspot.com

“... saír do teatro cun sorriso tres tallas máis grande que a miña cara e sentir que ese era o meu teatro, o teatro que quería experimentar agora”  teatrogalego.com

Gañadora de diversos premios en certames de teatro amador, entre eles “Mellor espectáculo” e “Mellor actriz principal” no Certame de teatro afeccionado de Sada.

Domingo 12 ás 18:30 h. - Prezo : 2,50 €
As Sircópatas presenta: “Montaxe”
A montaxe dunha montaxe. Un xeito creativo de enfrontarse á incomunicación.
 
Unha traxicomedia na que non é doado distinguir onde remata o teatro para dar paso ao sirco, unha historia contada sen palabras, na que dous extremos terán que  achegarse e sumarse, para exprimir as súas habilidades, malabarismos e comicidade ata a última gota.
 Montagem nace da necesidade de contar historias, e de contalas empregando unha linguaxe universal. Cunha narración sutil, feita non de palabras, senón de xestos. Na que non é doado distinguir onde remata o teatro para dar paso ao circo.

 Deste afán comunicativo créase unha historia de opostos. De dous extremos, historicamente enfrontados, que tras un inesperado xiro da súa cuotidianeidade, veranse obrigados a empregar as súas diferencias para entenderse, colaborar e sumarse. Polo que terán que crear unha linguaxe nova para eles,  na que atoparse,  e tamén perderse.



Link: Concello de Cedeira - Q.V.






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1848