Concello de Cedeira - BOP
Fecha Jueves, 09 febrero a las 08:10:26 Tema PHP-Nuke
Modificación da composición da mesa permanente de contratación
ANUNCIO
Mediante o acordo do PLENO da Corporación, na súa sesión ordinaria realizada con data vinte e cinco de xaneiro de dous mil doce foi adoptado o seguinte acordo en relación á “Modificación da composición da Mesa Permanente de Contratación”:
Primeiro.- Modificar a composición da Mesa de Contratación acordada en Pleno celebrado o 29 de xuño de 2011 quedando a partir de agora coa seguinte composición:
PRESIDENTE:
O Concelleiro-Delegado de Desenvolvemento Local, Facenda, Turismo, Cultura, Iniciativas de Programa e Urbanismo, ou concelleiro en quen delegue.
VOGAIS:
1º vogal: Don Alfredo Vilela Santalla.
Suplente: Don Pablo Luís Nebril López.
2º vogal: O Arquitecto Técnico Municipal
Suplente: A Arquitecta Municipal.
3º vogal: A Secretaria da Corporación con funcións de asesoramento xurídico.
Suplente: O funcionario que sexa nomeado Secretario accidental.
4º vogal: O Interventor Municipal.
Suplente: O funcionario que sexa nomeado Interventor accidental.
SECRETARIA: A funcionaria encargada dos expedientes de contratación, Dna. María Montserrat Pérez Garrote.
Segundo.- Publicar anuncio referindo este acordo e a composición da Mesa Permanente de Contratación no BOP.
Terceiro.- Notificar este acordo aos membros da Mesa Permanente de Contratación.
Cedeira, 2 de febreiro de 2012
O alcalde acctal., Alfredo Vilela Santalla
Link: BOPONLine
|
|