A MOCIÓN QUE O ALCALDE, NON LLE DEIXOU PRESENTAR AOS SOCIALISTAS
Fecha Jueves, 26 enero a las 08:06:26 Tema PHP-Nuke
GOLPE MORTAL AOS EMPRENDEDORES
O 18 de outubro do 2011 a Alcaldía renuncia á subvención concedida polo
Ministerio de Industria do Goberno de España para a realización do proxecto
“Centro Municipal de Empresas”, o que, de maneira coloquial, denominabamos niño
ou viveiro de empresas.
O goberno que tivemos o honor de presidir
impulsa este proxecto no ano 2009, consciente de que o Concello debe apoiar de
forma proactiva a consolidación dun tecido empresarial sólido no noso
municipio.
Nace á sombra do Plan Ferrol que pretende revitalizar a economía das
comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal.
O Plan Ferrol está detrás das axudas ás
empresas que están a instalarse no Parque Empresarial de Cedeira. Coordina
fondos europeos, estatais, e galegos, para por a disposición de iniciativas
empresariais, finanzamento sen aval a interés cero con longos prazos de
carencia e amortización, cando non a fondo perdido, como é o caso da subvención
á que se acaba de renunciar.
Sentímonos na obriga de impulsar o
viveiro de empresas de Cedeira, como no seu dia se fixo en As Pontes, porque:
§
Poría
a disposición dos emprendedores cedeireses estudios, oficinas, ou talleres con
alquileres a baixo custo, toda vez que se aproveitarían as ventaxas dos
sevicios comúns, limpeza, subministros, etc.
§
Sería
un complemento útil para as empresas instaladas no Parque Empresarial da Trabe.
§
Axudaría
a que os nosos emprendedores se quedasen no seu pobo. Sería un instrumento para
a adquisición de experiencia que lle permitiría á mocidade afrontar as duras
esixencias do mundo empresarial. Os principios son sempre os máis difíciles.
§
Apoiaría
á pequena e mediana empresa, xeradora do maior número de postos de traballo do
noso pais. Trátase dun mecanismo de autoemprego que suavizaría a dura situación
sociolaboral do noso Concello.
§
Sería
unha saída para a xuventude que sae cunha extraordinaria formación dos nosos
centros educativos.
A mocidade formada nas ramas profesionais do IES PUNTA
CANDIEIRA é moi apreciada polo empresariado doutros polígonos indutriais.
Aspirabamos a que moitos deles exercesen as súas profesións en Cedeira.
Na sesión de 26 de outubro de 2011, da
Xunta de Goberno Local, no seu punto 6.3 RATIFICARON A RENUNCIA ÁS AXUDAS DE REINDUSTRIALIZACIÓN acordado
polo Alcalde “Debido a la imposibilidad
de hacer frente a la aportación municipal” que ascende a 60.250 €.
Desde o Grupo Socialista propoñemos
a aprobación dunha moción de reprobación
hacia esta resolución tomada polo actual Alcalde e pola súa Xunta de Goberno porque,
fronte ás bondades do Viveiro de Empresas, resumidas máis arriba:
1.
Non
dí verdade o Alcalde e con elo a súa Xunta de Goberno cando fala da “imposiblidade
de facer frente á aportación municipal”. Basta con mirar o frívolo destino, neste
momento de crise e paro, ao que adicarán os fondos que nos enviará a Deputación
Provincial.
2.
A
renuncia obedece, unha vez máis, a un espíritu sectario que vai contra os intereses
da Institución e de toda Cedeira, porque, igual que fixo eliminando a cor do
Palacete, prefiere destruir e despilfarrar os cartos dos contribuíntes, a que
permanezan e cobren vida os proxectos que non lles pertencen, por fermosos e
importantes que estes sexan.
De igual maneira ínstase ao Goberno Municipal de Cedeira a
poñer cantos medios estean ao seu alcance para facer realidade este proxecto
tan importante para o futuro dos nosos emprendedores
En Cedeira, a 23 de xaneiro de 2012JOSÉ LUIS VERGARA REY PORTAVOZ SOCIALISTA
Link: A.S.C.
|
|