INDEFINICIÓN - Por Diego R. Piñón
Fecha Lunes, 23 enero a las 12:32:07 Tema PHP-Nuke
Un artigo de Diego R. Piñón publicado no xornal Diario de Ferrol
"No tórrido outubro pasado organizamos unha andaina a San Andrés de
Teixido. Partimos do parque dos parrulos,á beira do río Condomiñas onde,
por certo, un picapeixe nos deleitou cunha espléndida sesión de pesca
matutina. Xa en ruta no val de Regoa, a xente parouse a contemplar un
fenómeno extraordinario. Unha maciñeira cargada de froito, con flores e á
que lle caían as follas.Todo á vez. Sorprendidos, conxuntamente
miramos, comentamos a tolemia do tempo e algúns inmortalizaronna co seu
móvil. Seguimos camiño deixando atrás unha árbore en crise,
desnaturalizada, en indefinición estacional. En maio a semente da lei
de dependencia e autonomía persoal cumplirá cinco anos da súa
implantación. ¿En que momento se atopa? Sen lugar a dúbidas, nunha
situación similar á maciñeira de Regoa: expedientes con froito, outros
en flor e moitos caidos e perdidos para sempre. Simultaneamente activa,
recortada e paralizada. En definitiva en indefinición. Sabemos que a
Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia está a punto de
regala publicando unha orde que aumentará o copago dos seus usuarios en
servizos residenciais, centros de día e de axuda no fogar. Mais non
sabemos cal será a súa próxima estación, o seu futuro. As decisións do
goberno central en marzo poden marcar a diferenza entre unha esperada e
florida primavera ou a volta a un continuo inverno indefinido. ¿Só o
tempo está tolo?"
Link: DFONLine
|
|