Concello de Cedeira - BOP
Fecha Miércoles, 28 diciembre a las 11:22:53
Tema PHP-Nuke


Aprobación definitiva ordenanzas 2012

ANUNCIO

Adoptándose polo Concello Pleno, en sesión celebrada o 07 de novembro de 2011, o acordo de aprobación inicial, que foi exposto ao público no BOP de 09 de novembro de 2011, sen que produciran reclamacións durante o prazo de exposición pública.

En aplicación do previsto no artigo 17 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e do propio acordo plenario, ao non presentarse reclamacións contra o acordo de aprobación inicial a aprobación definitiva prodúcese de forma automática.

En cumprimento do previsto na lexislación vixente anunciase a modificación das seguintes ordenanzas, figurando anexos os textos íntegros das ordenanzas para a súa entrada en vigor.

- Modificación da Ordenanza Fiscal 1.3, reguladora do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.

- Modificación da Ordenanza Fiscal 2.11 reguladora da taxa por prestación do servicio recollida de residuos

- Modificación da Ordenanza Fiscal 3.02 reguladora da taxa de vaos por entradas de vehículos a través de beirarrúas e reservas de vía pública para aparcadoiro exclusivo, parada de vehículos, e de carga e descarga de mercadorías de calquera clase

- Modificación da Ordenanza Fiscais reguladoras da taxa pola distribución de auga, incluídos os dereitos de enganche e da taxa pola prestación do servicio de rede de saneamento e tratamento e depuración de augas residuais

Cedeira, 20 de decembro de 2011

O Alcalde,
Leopoldo Rubido Ramonde

+ Info : preme aquí






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1826