Consellería do Mar - 8 millóns de euros
Fecha Lunes, 26 diciembre a las 17:58:26
Tema PHP-Nuke


A Consellería do Mar destina 8.000.000 de euros á paralización definitiva dos buques pesqueiros para o ano 2012, dando cumprimento a unha política que establece a Unión Europea. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe estas axudas, que teñen como finalidade axeitar a capacidade pesqueira da frota aos recursos mariños mediante a redución do esforzo pesqueiro.

Deste xeito, o departamento que dirixe Rosa Quintana pretende lograr un equilibrio sustentable que asegure que a pesca siga a ser unha actividade de desenvolvemento económico para a nosa comunidade.O importe destas axudas será cofinanciado polo Fondo Europeo da Pesca e poderán optar a elas os propietarios de buques dados de alta no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma e no Censo da Flota Pesqueira Operativa así como as embarcacións incluídas nun plan de axuste do esforzo pesqueiro. A embarcación debe ter unha antigüidade mínima de 10 anos e os interesados en solicitar as axudas terán prazo para facelo ata o 31 de xaneiro de 2012.

Ademais destas axudas á paralización convencional, a Consellería do Mar publicará a finais desta semana as axudas á paralización definitiva dos buques de baixura incluídos no Plan de Xestión Integral da pesca de baixura do caladoiro Cantábrico Noroeste para o 2012. Esta foi unha convocatoria específica realizada pola Consellería do Mar por primeira vez para o 2011, ano no que este tipo buques puideron beneficiarse das axudas á paralización por primeira vez, xa que ata ese ano, en xeral, a frota de baixura non tivo oportunidade de acceder ás axudas pola retirada da actividade pesqueira. Con esta convocatoria específica téntase dar resposta e continuidade a unha antiga demanda do sector.

Link: XONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1825