Accidente de tráfico
Fecha Domingo, 25 diciembre a las 10:50:26 Tema PHP-Nuke
Un mozo perdeu a vida esta noite nun accidente de tráfico ocorrido no
termo municipal de Cedeira, na Coruña, segundo informou a Garda Civil de
Tráfico. Esta é a segunda vítima mortal nas estradas galegas durante
este fin de semana de Nadal, tras o accidente mortal ocorrido onte en
Vilagarcía no que se viron implicados tres vehículos.
O sinistro rexistrouse ás 21.50 horas no quilómetro 38,7 da AC-566, en
Cedeira. A vítima, G. B., de 23 anos e veciño da localidade, saíuse da
vía co seu turismo e acabou chocando contra un muro de formigón do peche
dunha vivenda.
Link: VONLine
|
|