Concello de Cedeira - BOP
Fecha Miércoles, 14 diciembre a las 08:04:49
Tema PHP-Nuke


ANUNCIO

Asunto: Licenza de actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental

Expediente: 2011/026/000002

Solicitada neste Concello por Manuel Parente Noya en representación de Ortegal Laboratory S.L., licenza municipal para a actividade de fabricación de dispositivos cardiovasculares, no Parque Empresarial de A Trabe (parcelas 41-42) de Cedeira, o expediente de licenza de dita actividade atópase en tramitación.

En cumprimento co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir o período de información pública por un plazo de 20 días hábiles dende a publicación do presente anuncio no DOG, no BOP, e no taboleiro de anuncios do concello, para que, quen se vexa afectado de algún xeito pola actividade presente as alegacións que considere pertinentes.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio comunícaselle ós interesados ós que non sexa posible notificar persoalmente ou cando se ignore o lugar de notificación, que están notificados a tódolos efectos, advertíndolles do prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte o da publicación deste anuncio, para alegar o que consideren oportuno.

O expediente obxecto desta información podérase examinar no Servizo de Urbanismo e Arquitectura deste Concello de 9.00 a 14.00 h.

Cedeira, 30 de novembro de 2011

O alcalde acctal
Alfredo Vilela Santalla


Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1816