Leonard Cohen estará en Vigo o 13 de agosto
Fecha Jueves, 02 abril a las 22:30:39 Tema PHP-Nuke
Cohen chegará a Vigo con máis de corenta anos de música ás costas, despois de que en 1967 publicase Songs of Leonard Cohen,
con once discos de estudio e outros tantos poemarios, cun retiro
budista, con moitas mulleres e un só matrimonio e, iso si, con
bastantes menos cordas vocais. Será en Castrelos o 13 de agosto, nun
dos concertos que ofrecerá na península e que tamén o levarán a Lisboa,
Xixón, Girona, Madrid, Granada, Bilbao e Barcelona.
O 11 de maio de 2008 o cantautor de Montreal regresou aos escenarios
despois de quince anos de ausencia, debido sobre todo aos problemas
financieiros causados pola fuga do seu representante cos seus aforros.
Iniciou unha exitosa xira mundial, con aclamados recitais de até tres
horas, paradas moi sinaladas no festival de Glastonbury e en Londres,
ondre gravou o 'Live in London', un disco en directo que saíu á venda
esta semana.
Link: VIONLine
|
|