Concello de Cedeira . Axenda cultural
Fecha Jueves, 01 diciembre a las 10:58:01
Tema PHP-Nuke


Este fin de semana no Auditorio Municipal de Cedeira contaremos coas seguintes actividades:

Sábado 3 ás 20:00 h. haberá un concerto a cargo da Banda de Música "Vila de Cedeira"
Sábado 3 ás 22:00 h. contaremos coa estrea da película "Sinbad" baseada no texto de Cunqueiro Se o vello Sinbad vólvese ás illas. Unha fermosa e dura historia dos soños duns en contraste coa crúa vida. Dirixida por Antón Dobao, conta entre os seus actores e actrices  con Xosé Olveira "Pico",  Sara Casasnovas, Mariña Sanpedro, Luis Zaera ...
 
Domingo 4 ás 18:30 h. Teatro de Ningures achéganos a obra "0'7% MOLOTOV"


© 2011 Concello de Cedeira
 
ELA -neohippy solidaria- acaba de chegar de África.
EL -nihilista solitario- contrátaa para facer a vendima.
ELA namórase do vento que sobe do río. Descobre un lugar no que  atopar unha identidade libre de conflitos, no que ser auténtica.
EL está de volta dunha vida urbana hipócrita, na que vendeu a conciencia e a coherencia política en cómodos prazos.
 
Entrada: 2,50 €


Link: Concello de Cedeira . Q.V.






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1809