Absolto dun delito de atentado a funcionario (II)
Fecha Miércoles, 30 noviembre a las 17:14:05
Tema PHP-Nuke


O veciño de Cedeira J.J.G.C. foi absolto pola titular do Xulgado do Penal número 2 de Ferrol dun delito de atentado a funcionario público. A suposta vítima era o secretario do Concello cedeirense.

O incidente tivo lugar o día 21 de abril de 2010, cando J.J.G.C. e o secretario municipal atopáronse nunha rúa da vila, momento no que mantiveron unha discusión por mor da suposta paralización duns expedientes administrativos e das queixas que en tal sentido presentara o veciño ante a administración local e a Fiscalía da Coruña. O secretario municipal acusaba a J.J.G.C. de intentar propinarlle unha puñada que non chegou ao seu destino e de romperlle o paraugas nunha perna.

O acusado, pola súa banda, negouno rotundamente, sinalando que o secretario reaccionou de forma violenta ás súas preguntas. Unha testemuña presencial declarou no xuízo non ver ningunha tentativa de agresión, senón só unha discusión entre ambos os individuos.

Na sentenza refírese que a existencia dunha discusión non integra por si mesma ningunha das condutas típicas que integran o delito de atentado. Engádese que non hai datos obxectivos, debidamenta acreditados con probas practicadas no plenario, que permitan outorgar maior credibilidade ás versións dos dous implicados, totalmente contradictoras.

Por todo iso, ante a falta de probas de cargo e en virtude do dereito á presunción de inocencia, a xuíza do Penal resolveu a absolución de J.J.G.C,, cuxa defensa foi exercida polo avogado ferrolán Xullo Barros.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1808