Concello de Cedeira - POS
Fecha Miércoles, 30 noviembre a las 08:17:01
Tema PHP-Nuke


O goberno local de Cedeira sacou adiante onte en sesión plenaria o Plan de Obras e Servizos para o próximo ano, cuxo importe para o municipio elévase a ao redor de 240.000 euros. Do total, uns 100.000 euros dedicaranse a gasto corrente mentres que o investimento absorbe os 140.000 euros restantes.
O proxecto deseñado polo executivo cedeirense inclúe con cargo ao POS a pavimentación da calzada do paseo marítimo, como xa se adiantou desde o consistorio. Ademais, prevese a mellora de tres pistas rurais.

A proposta saíu adiante cos votos do PP, mentres que o PSOE abstívose. Desde esta formación criticouse que dentro do POS non se reserve ningún financiamento para a creación do niño de empresas no municipio, unha actuación que consideran prioritaria.
O grupo socialista criticou ademais que a falta de antelación coa que se convocou o debate sobre o POS, así como que os últimos plenos programáronse en horario laboral.
Na sesión plenaria aprobouse tamén, neste caso por unanimidade, o estudo de detalle de dúas parcelas do parque empresarial da Trabe. Tamén saíu adiante a depuración de dereitos e obrigacións correspondentes a exercicios xa pechados.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1806