Absolto dun delito de atentado a funcionario
Fecha Viernes, 25 noviembre a las 08:18:49
Tema PHP-Nuke


O veciño de Cedeira J.J.G.C. foi absolto polo Xulgado do Penal número 1 de Ferrol dun delito de atentado na persoa do secretario do Concello local. O incidente tivo lugar o 21 de abril do 2010 cando o veciño e o secretario atopáronse na rúa, momento no que se iniciou unha discusión verbal entre ambos por mor da paralización duns expedientes administrativos e das queixas que en tal sentido presentara o acusado ante a autoridade municipal e a Fiscalía da Coruña. O secretario acusaba a J.J.G.C. de intentar propinarlle unha puñada que non chegou ao seu destino, pero unha testemuña presencial dos feitos declarou que non vira ningún intento de agresión, senón só unha discusión entre os dous. Por esta razón, a xuíza, ante a falta de probas de cargo e en virtude do dereito á presunción de inocencia decidiu a absolución, dándolle a razón ao letrado Xullo Barros, que o defendeu.

A sentenza di que a declaración da testemuña foi determinante. Non dá valor a unha declaración policial contraria a esta versión, achegada no xuízo, porque non aparece asinada pola testemuña.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1805